CUESTIÓNS SOBRE A IRMÁ DO SONO
Fátima Otero

Texto para el catálogo 73 X 73 X 273 A irma do sono. 2012

[…] a busca do irracional e descoñecido asociado á idea de finitude levou a Fernando Yáñez a penetrar en terreos un tanto encabrosos. Cunha acepción un tanto platónica interesouse pola dimensión espazo-temporal que poderíamos alcanzar no momento en que nos elevamos do mundo terreal a outro espiritual descoñecido e misterioso. Fernndo aposta por ese intre de significación máximo, do que non sabemos nin cando nin onde se producirá. Indagou na representación do baleiro que, lonxe de representar calquera ausencia ou negación, era un espacio de significación máxima, límite entre as dúas dimensións do espazo sensorial. Aquel baleiro que tanto cativou ós escultores do século XX, porque a través del descubrían a alma do artista e lle atribuían a función de espazo congregador non exento tampouco de ideas de afundimento e desesperanza.

Atrapado pola misa funeraria e inacabada de Mozart presentou unha serie de obras onde o cromático sensorial eran resortes esenciais para continuar indagando nas forzas irracionais. Traballos posteriores iranse camiñando cara ó espiritual, visionando a realidade só contemplada pola visión interior, extraóda da alma. Obsesiónase por temporadas cun tema que xa deu moito xogo na historia da arte, a tela sagrada, esa reliquia que é a pegada do que queda, algo enigmático ó noso entendemento. E titulábaas A.M.E.N. unha serie de 2010 na que insiste no trascendental, en establecer unha ponte entre o divino e o humano. Un amén da súa pintura tamén como metáfora de algo que ten que acabar cada certo tempo para poder resucitar novamente nun espazo de baleiro infinito e que dea significado á súa propia alma. […]